
Que facemos
Actividades principais da Rede
No marco da rede organízanse xornadas temáticas, seminarios web e unha escola de inverno sobre os CECs, metodoloxías de análise e seguimento de contaminantes, tecnoloxías de tratamento e eliminación de contaminantes, estudo de riscos e impactos, etc.
A rede elaborou un mapa e un catálogo de capacidades que amosan as actividades e a oferta tecnolóxica dos seus membros arredor dos CECs. Tamén conta cun centro de documentación que recompila proxectos e recursos relacionados.
A rede promove as interaccións e a colaboración con outras iniciativas e proxectos, facilitando o intercambio de experiencias e coñecementos.
A partir da detección de lagoas de coñecemento e oportunidades de investigación en relación coa detección, monitorización, avaliación de riscos, tratamento e eliminación dos CECs.
Estas actividades teñen como obxectivo transferir coñecemento, impulsar a I+D+i, fomentar sinerxías e sensibilizar sobre a contaminación acuática por contaminantes emerxentes.
Liñas estratéxicas transversais
Esta liña estratéxica busca promover a colaboración entre entidades mediante ferramentas para transferir coñecemento e tecnoloxía, difundir boas prácticas e reforzar a capacidade investigadora. Tamén fomenta a sensibilización de estudantes e da cidadanía para promover hábitos responsables no coidado da auga e do medio ambiente.
Esta liña estratéxica dá resposta a outro dos obxectivos principais da rede, relacionado coa creación dun foro de encontro entre as entidades que a conforman para identificar desafíos, detectar oportunidades de colaboración, impulsar novas iniciativas e promover sinerxías entre os membros da rede.
Obxectivos específicos:
- Promover actuacións e proxectos de colaboración público-privada de investigación, desenvolvemento e innovación en relación coas liñas estratéxicas temáticas.
- Identificar e amosar as capacidades das entidades: oferta e demanda de capacidades e servizos tecnolóxicos.
Fomentar a colaboración entre os axentes. - Identificar lagoas, desafíos, oportunidades de colaboración e sinerxías en relación coas liñas estratéxicas temáticas.
- Dar a coñecer iniciativas, estudos e proxectos relevantes a nivel nacional, europeo e internacional.
- Identificar retos, desafíos e oportunidades derivados dos requirimentos da implementación da normativa comunitaria sobre calidade da auga e tratamento de augas residuais.
Liñas estratéxicas

Liñas estratéxicas específicas
Esta liña estratéxica configúrase como un espazo de encontro entre as organizacións responsables do control e xestión da calidade das masas de auga fluviais, mariñas e costeiras, e aquelas que desenvolven coñecemento, ferramentas, protocolos, tecnoloxías e servizos para a determinación de contaminantes e dos seus produtos de transformación, así como para a implementación de sistemas de monitorización e modelización da presenza e distribución destes contaminantes.
Obxectivos específicos:
- Mellorar o coñecemento e as capacidades de determinación cuantitativa e cualitativa dos CECs e dos seus produtos de transformación nas masas de auga, mediante a investigación e desenvolvemento de tecnoloxías, protocolos, ferramentas e metodoloxías que permitan a automatización, axilidade e redución de custos.
- Mellorar as capacidades de monitorización de contaminantes.
- Fomentar o intercambio de coñecementos, experiencias e información entre as organizacións que traballan neste ámbito.
- Dar a coñecer as capacidades das organizacións en relación coa determinación e monitorización de contaminantes.
- Fomentar a colaboración entre os membros da rede para mellorar e facilitar a implementación da normativa sobre calidade da auga e tratamento de augas residuais no que atinxe á determinación e seguimento de contaminantes.
Esta liña estratéxica ten como obxectivo principal avaliar e coñecer os efectos da presenza dos CECs nas masas de auga e os seus posibles impactos nos ecosistemas mariños e costeiros, así como na saúde humana. Pretende ser un foro de encontro entre as organizacións dedicadas á monitorización e xestión da calidade das masas de auga e aquelas que desenvolven coñecemento, estudos e ferramentas ecotoxicolóxicas para avaliar o risco e impacto da presenza de contaminantes no medio acuático.
Obxectivos específicos:
- Mellorar o coñecemento sobre a toxicidade e bioacumulación de contaminantes en distintos niveis tróficos e sobre a concentración máxima na que non se observan efectos negativos na biota ("predicted no-effect concentration" – PNECs).
- Mellorar o coñecemento sobre os riscos e impactos das mesturas de contaminantes.
- Promover o uso de ferramentas ecotoxicolóxicas nos sistemas de monitorización de contaminantes nas masas de auga.
- Fomentar o uso de ferramentas ecotoxicolóxicas na avaliación da eficiencia dos tratamentos implantados nas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR).
- Mellorar as capacidades de predición da presenza e distribución de contaminantes mediante ferramentas de modelización.
- Dar a coñecer as capacidades das entidades no desenvolvemento e aplicación de ferramentas ecotoxicolóxicas e na avaliación do risco ambiental.
- Fomentar a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os membros da rede para facilitar a implementación da normativa comunitaria en materia de prevención de riscos e mitigación dos impactos dos CECs nas masas de auga.
Esta liña estratéxica pretende mellorar o coñecemento sobre as tecnoloxías de tratamento de augas urbanas, con especial atención aos tratamentos avanzados, incluíndo tecnoloxías específicas e a combinación destas para eliminar contaminantes emerxentes. Ademais, pretende fomentar o uso de auga rexenerada mediante a análise do grao de depuración necesario segundo o uso previsto.
Obxectivos específicos:
- Mellorar o coñecemento sobre a eficiencia das diferentes tecnoloxías, individuais ou combinadas, para eliminar contaminantes emerxentes.
- Aumentar o coñecemento sobre o impacto da implantación de tratamentos avanzados, tanto dende o punto de vista económico como ambiental (análise do ciclo de vida).
- Intercambiar experiencias e coñecementos sobre a implantación de tecnoloxías e o desenvolvemento de proxectos de reutilización da auga, incluída a aceptación social destas solucións.
- Establecer sinerxías entre as entidades responsables da xestión das estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) e as que desenvolven tecnoloxías de tratamento.
- Apoiar a implementación dos requisitos da Directiva de Augas Residuais Urbanas e do Regulamento de Reutilización de Augas (2020/741). Impulsar a reutilización das augas mediante o desenvolvemento de novos proxectos piloto e de demostración.
Díptico Promocional
Coñece máis sobre a Rede NOR-WATER e as nosas actividades descargando o díptico informativo.
Descubre como promovemos a innovación e a colaboración na xestión de contaminantes emerxentes nas masas de auga superficiais.
