Ir o contido principal
Datos de registro

Membro desde hai

9 meses 1 semana
Nome da organización
Ardora Formación y Servicios S. Coop. Galega
Enderezo
Rúa Damas Apostólicas nş 15. Oficina 103C.A Ramallosa. 36370 Nigrán. Pontevedra Espańa.
País
Teléfono
+34 986020899
Tipo de organización
Descripción da actividade da organización

ARDORA FORMACIÓN Y SERVICIOS, S. COOP. GALEGA é unha cooperativa de traballo asociado que nace coa pretensión de desenvolver ideas e proxectos propios, aplicando unha metodoloxía de traballo xa definida e priorizando a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das persoas socias e traballadoras da empresa. 

A nosa cooperativa está formada por un equipo multidisciplinar sostido por profesionais das ciencias experimentais e sociais, con experiencia laboral no apoio ás explotacións pesqueiras e marisqueiras, de servizos auxiliares así como no ámbito da consultaría, formación medioambiental e de prevención de riscos laborais.

¿Desexa que a súa organización se amose no mapa de capacidades?
Activado
Coordenadas
Logotipo da entidade
ARDORA
Actividades desenvolvidas pola súa entidade en relación cos CECs
Liñas de traballo / investigación

Deseño e execución de proxectos de investigación e plans de acción sectoriais e transversais. As actividades que ofertamos son:

  • Proxectos de inserción laboral, socioeconomía e diversificación de actividades no mundo da pesca e o marisqueo
  • Programas de fomento do cooperativismo
  • Estudos sobre as condicións de traballo de diferentes actividades empresariais
  • Investigación e asesoramento en materia de prevención de riscos laborais e medioambiente
  • Asesoramento e Formación en materia de seguridade alimentaria, trazabilidade e etiquetado dos produtos da pesca.
  • Diagnóstico do cumprimento dos requisitos de seguridade e prevención de riscos laborais
  • Estudos-diagnóstico de cumprimento dos requisitos normativos en materia medioambiental
Liñas de desenvolvemento tecnolóxico

No aplicable

Servizos ofrecidos pola entidade en relación cos CECs
  • Accións formativas en relación á contaminación da auga
  • Campañas de sensibilización orientadas ao sector marítimo pesqueiro sobre contaminación do medio (lixo mariño, contaminación das augas, xestión de resíduos)
  • Elaboración de material divulgativo e didáctico.
Interese de colaboración

Formación y consultoría, cursos a medida y teleformación